Articles

Affichage des articles du mars, 2017

"Reclaman liberdade para Ali Aarrass" - Luk Vervaet, 7 de decembro de 2016

Image
RECLAMAN LIBERDADE PARA CIDADÁN BELGA-MARROQUI EXTRADITADO ILEGALMENTE POLO REINO DE ESPAÑA Traducion : Elena Libia 09/12/2016 O 14 de decembro de 2010 o goberno español extraditou sen probas o cidadán belga-marroquí A.A. a Marrocos, onde corria perigo certo de ser sometido a torturas, incumprindo, coa propia Bélxica, o dereito internacional e facendo ouvidos moucos ás recomendacións de organismos internacionais de dereitos humanos. Agora unha plataforma reclama a liberdade de A.A. En 2008, o cidadán belga-marroquí A.A. foi detido en Melilla a petición de Marrocos como parte do desmantelamento dunha organización terrorista no reino alauita, a chamada rede Belliraj. Marrocos esixiu a extradición inmediata mais o xuíz, Baltasar Garzón, decidiu manter A.A. no estado español en detención de alta seguridade e facer a súa propia investigación do caso. O 16 de marzo de 2009, despois dun ano de revisión minuciosa do expediente, Garzón desestimou o caso de A.A.: non hai nada en contra él, nin